SEMANA DE...

23Abril, DÍA DO LIBRO

Un día para compartir historias e leitugas, grazas á xenerosidade dos compañeiros e compañeiras de EI, e das súas Mestras.

Fai clic na imaxe e verás os nosos libros favoritos e as leitugas que plantaremos.



8M, Día da MULLER

Fai clic na imaxe e descubrirás por que somos Feministas


24 F, ANIVERSARIO de ROSALÍA de Castro  

          ...por ser a nosa Súper Heroína”

Comezamos a súa celebración o 24 de febreiro, día do aniversario de Rosalía de Castro, e a partir desta importante data, cada mañá na Aula de 4ºB, empeza o día cun poema de Rosalía elexido por nós.

Fai clic e verás a nosa homenaxe  Por que é SÚPER HEROÍNA? 

Por ser valente, soñadora, creativa, enxeñosa, poeta, música, sensible, bondadosa, loitadora, amable, feminista... por ser quen de ver os seres máxicos que viven con nós. Por dicir as verdades, por non renderse! 

Grazas, Rosalía       
Porque cos teus poemas fasnos voar co Moucho, mergullarnos nos ríos e nas fontes, danzar ao son das campás de Bastavales, cantar coa Meniña Gaiteira, sentir como chove miudiño, e o que máis nos gusta... vivir a maxia do bosque cos seus seres máxicos “... cos seus encantos que só con nós comparten o seu prácido folgar”.


SEMANA DA CIENCIA. Fai clic na imaxe e entra nos nosos experimentos


 

1 comentario: