CONMEMORACIÓNS

"OS MAIOS 2021"

Fai clic na foto... e verás



LETRAS GALEGAS 2021  Xela Arias

Clica na imaxe e coñece á autora homenaxeada


Moitas Grazas ao EDLG da Nosa Escola!


ENTROIDO 2021

Vestidos de entroido, recibimos e entregamos as CARTAS DE AMIZADE


A CANDELORIA ou casamento dos paxaros

É A FESTA DO AMOR, DA AMIZADE, DA VIDA!

Entra na imaxe da BIBLIOTECA DE ATÍN e poderás saber moito máis arredor da Candeloria que celebramos en febreiro.


A PAZ 2021

Celebrémola cada día na clase, no patio, na casa, no monte... sempre buscándoa! 

Esta é a nosa mensaxe ECOPACIFISTA para o programa de Radio Atín


Se queres escoitar o programa da Paz 2021, entra nesta imaxe da Biblio de Atín, onde hai un mundo de recursos arredor da PAZ



NADAL 2020

Nadal é compartir, agasallar, pedir desexos... 

Como así o sentimos... regalamos Música!
Preparamos moi ben a cantiga "Din dan, Bolerán"  para ofrecerlla aos máis cativos da Nosa Escola

MAGOSTO 2020

Un magosto diferente, máis íntimo e menos festeiro. As castañas estaban ben boas. Na clase poidemos comelas e acabar de ver COCO!

Fai clic nas castañas e mergúllate no magosto musical

 30 de outubro na Nosa Escola: SAMAÍN

GALLETAS para o "Comemedos"  

Galletas deseñadas e forneadas por cada un de nós onde gardamos os nosos MEDOS: medo á escuridade, a non ter amigas, a que á familia lle pase algo, a non saber, a non voltar á escola...

Con esta actividade xenial da EDBE da Escola, damos de xantar ao Monstro Papamedos, deixando marchar así os nosos temores en forma de galleta.

 

SABES QUE É O SAMAÍN? 

  

É unha festa de orixe celta celebrada o 31 de outubro. Pénsase que nesta noite do 31, ábrese unha porta máxica onde as almas dos mortos poden pasar ao mundo dos vivos. E así, mortos e vivos xúntanse para quentarse, alimentarse e reencontrarse. 

É unha festa moi alegre e divertida, onde se celebra a vida e a morte.

"Día dos mortos" Fermosa curta de animación



 

 

 
 

2 comentarios: