ANIMACIÓN LECTURA

A nosa superrecomendación: Caderno de Fume de Antonio García Teijeiro

Interpretada por nós!





Lectura no monte da escola!

Como conseguimos chegar aos 900 puntos, levamos un premio:  ler entre as árbores

Fai clic na imaxe e visita o noso monte cheo de lectorxs.


Non limos moito... pero disfrutamos de media hora xenial de sol de inverno entre árbores e amigxs!


"CADERNO DE FUME", para mergullarse nun dos mellores libros de poesía en Lingua Galega para nenxs.

Á volta... cada un de nós lerá para Todxs un poema elexido; tamén pode ser cantado, rapeado, bailado... Cada día, un poema!

Será o mellor xeito de comezar as clases!

 

QUOKKA MOKA, un libro xenial! Unha viaxe entre seres especiais que realizaremos no 2º e 3º trimestre!


Fermoso vídeo amosando o poder da lectura

 

5 comentarios:

  1. Acabé el libro de (caderno de fume)

    ResponderEliminar
  2. Bo día, Izan
    Que rápido ti es!!! A min gústame saborear a poesía aos poucos: cada día un poema, ou dous, tres...
    Cal che gustou máis? Eu teño varios favoritos.
    Lembra escribirme en galego, co ben que se che dá falalo... Dalle uso, oh!
    Grazas Izan polas túas mensaxes.
    Deica pronto!

    ResponderEliminar
  3. Este comentario ha sido eliminado por el autor.

    ResponderEliminar
  4. Ola Viqui:
    No video non se me ve a cara ao final

    ResponderEliminar